“Book Descriptions: Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, da soidade individual e dos obxectos». Xerais publica «De catro a catro» na colección de Poesía desde o limiar de Ismael Ramos, que deita unha mirada fresca e profunda dun libro imperecedoiro.” DRIVE