“Book Descriptions: A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.” DRIVE