“Book Descriptions: Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén na madurez unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.” DRIVE