“Book Descriptions: A deste libro é unha mecha tendida pola súa autora desde a xeración que a precedeu á que lle segue, entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos. É cando a palabra se vai recreando co seu devir, no mundo rural, terúrico e bíblico da Terra á maneira de John Berger, nas lonxitudes dun discurso incesante, ao Walt Whitman, e mais nas múltiples luzadas que soamente poden aparecer desde o preliterario, ao xeito de Rosalía de Castro. Canda moitos outros confrades e parceiros electivos (Dylan Thomas, Anaïs Nin ou Luís Pimentel. ademais da exurrada desbordada do surrealismo), a deste libro é tamén unha poesía sinestésica, ancorada na patria dos que saben amarse con tolemia incondicional.” DRIVE