“Book Descriptions: Berta Dávila traza nos poemas deste libro unha paixón —paixón con corpo e no corpo—, e hai un fondo vivo de crónica, unha perspectiva de acción dramática no seu sentido máis puro, un depoimento. Mais sabe a poeta —estamos diante dunha poeta culta— que a poesía é linguaxe nunha linguaxe (P. Valéry) e talvez por iso cita ela mesma ao Peirce que di que o primeiro efecto significado propio dun signo é o sentimento que o signo produce. Poesía, pois, do sentimento; ou, mellor dito, da resonancia do sentimento. O que nos levaría a fixar tamén na poesía de Berta Dávila unha sorte de tremor existencial como semente ou fundamento radical do seu dicir. O corpo baleiro da poeta é un estado da alma, unha proxección semiótica do vivido e do sentido. E velaí a súa enerxía nativa (Baudelaire), a súa verdade interior, a verdade dunha poesía que vibra agora para nós, lectores da súa exhalación, intérpretes fascinados dun proceso existencial, dos ritmos dun ser que nos ilumina e nos perturba. Nace aquí unha poeta, Berta Dávila, que escribe xa o seu escintilar de astro no futuro.” DRIVE