“Book Descriptions: Nena e o mar é un relato redondo, unha aventura de esperanza e valentía na que o ritmo pausado deixa saborear todos os ingredientes dunha vila mariñeira envellecida, ancorada e sen capacidade de loita contra o destino que o abandono deixa. O poder de evocación é un dos principais argumentos dun texto que logra recrear unha paisaxe singular na que se mestura a decadencia coa esperanza posta nos ollos dunha cativa que logrará mudalo todo. Nena é unha nena valente, obstinada e que fai da forza de vontade unha bandeira coa que emprender unha perigosa aventura propia de calquera heroína, mais sen deixar de ser unha nena.