“Book Descriptions: "Saxo Tenor é un modelo de como suceden as cousas e como son contadas. A historia comeza cun morto, cun mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día". (Camilo Franco)” DRIVE