“Book Descriptions: Luísa Villalta foi un alustro que cruzou o tránsito de dous séculos e nos deixou unha poesía atravesada pola busca da verdade na palabra. Entrou na arte a través da música pero “un día” decidiu anoar as cordas do seu violín –era unha experta instrumentista– e fuxiu dos palacios como as princesas para adentrase no bosque, acirrada pola “necesidade de coñecer”. Así vou eu, formando parte, título que fai referencia a unha das frases da autora, é unha secuencia de lectura nova sobre a poesía rebelde de Luísa Villalta e, ao mesmo tempo, unha mirada documental sobre os seus procesos de liberade creadora. Estamos ante unha poesía que lle esixe a cada poema algo máis alá do pensado.” DRIVE