“Book Descriptions: A protagonista de Diario de dúas casas experimenta un desprazamento dobre. A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escritura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.” DRIVE