“Book Descriptions: Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.” DRIVE