“Book Descriptions: Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
A aparición destoutra obra de Calveiro coincide coa publicación de Settecento, a novela que será presentada mañá, primeiro de maio, na Feira do Libro de Compostela a partir das 20:00 horas nunha conversa entre o autor e Martin Pawley. Tamén, mañá, á partir das 13:00 horas, Calveiro lerá o pregón co que comeza a Feira do Libro no Paseo Central da Alameda compostelá.” DRIVE