“Book Descriptions: "Case vinte anos despois da súa publicación, Un millón de vacas é un referente inexcusable na obra de Manuel Rivas e un auténtico clásico da literatura galega recente. Aquí estaba xa a forza da linguaxe poética do seu autor, a través deses relatos breves, escritos por quen ten a dobre vocacón do xornalista e do poeta. Un millón de vacas reedítase, agora que as vacas entoleceron, nunha edición aumentada cun novo e fermoso relato do autor, "Madonna". Son, os de Un millón de vacas, relatos escritos cunha prosa limpa e sincera, chea de tenrura, de gracia e de vivacidade, a través da que sentimos as raigañas e as fendas da terra nestas historias ateigadas de inxenuidade, de optimismo e de ironía. Esta é a Galicia cotiá, descrita con grande sensibilidade e cunha explosión de humor que nace dos contrastes e da espontaneidade. Esta é a escrita áxil, sagaz e rica de quen hoxe se configura como o escritor galego máis universal. E este é o libro co que seduciu ós seus lectores."” DRIVE